Sunday 28 de April de 2024

Conclúen os encontros entre o Papá Noel e escolares da Pobra


Despois de tres intensos días en que o Papá Noel se reuniu coas crianzas da Pobra do Caramiñal, pon fin á xira para se afanar cos últimos detalles antes de comeza-lo seu periplo polos fogares para deixa-los agasallos do Nadal.

Os encontros cos centros educativos da infantil e da primaria desenvolvéronse do día 19 ao 21 de decembro, no teatro cine Elma. Por alí pasaron preto de 500 escolares do CEP Salustiano Rey Eiras, do CEP Pilar Maestú Sierra, da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

Tiveron así a ocasión de conversaren, transmitirlle os seus últimos encargos e asistir a sesións de contacontos, ademais de sacar fotos para o recordo.

Esta proposta enmárcase na programación impulsada para estas datas por parte da Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).